Impulsa o teu proxecto de bioeconomía en Verín-Monteval

Impulsa o teu proxecto de bioeconomía en Verín-Monteval

Tes unha idea ou unha empresa no territorio de Verín-Monteval?
Atopa o apoio que necesitas para facela medrar.

Tes unha idea ou unha empresa no territorio de Verín-Monteval?
Atopa o apoio que necesitas para facela medrar.

Inscrición ata o 8 de decembro de 2026

Inscricións ata o 8 de decembro de 2026

O programa

Que é o GreenHub
Verín-Monteval?

Formación, asesoramento e acompañamento durante un ano para impulsar proxectos que poñen en valor os recursos do territorio.

GreenHub é o programa de apoio ao emprendemento do proxecto europeo Interreg POCTEP GREENSEED, que ten como obxectivo fortalecer o emprendemento en bioeconomía en Galicia e o norte de Portugal.

GreenHub Verín-Monteval está dirixido a persoas emprendedoras e empresas radicadas nos concellos da Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, e a súa contorna, que queiran crear, desenvolver ou consolidar iniciativas vinculadas á bioeconomía. En concreto, nos sectores agroalimentario, forestal e outros sectores da bioeconomía, ou con proxectos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores.

A través de formación, mentorización e acompañamento personalizado durante o ano 2027, axudaremos ás persoas beneficiarias a converter as súas ideas en proxectos viables, transformando os recursos do territorio en produtos, servizos e novas oportunidades.

GreenHub Verín-Monteval está promovido pola Fundación Juana de Vega, en calidade de entidade socia do proxecto GREENSEED.

Nesta área do sur de Ourense, moi afectada polos incendios de anos anteriores, poñeremos a disposición das persoas o coñecemento e capacidades acumuladas durante 15 anos a través do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias para axudar a dinamizar o territorio a través da conservación da paisaxe, apoiando a actividade produtiva e apostando pola innovación aplicada ao rural.

Itinerarios

Que ofrecemos?

Dous itinerarios adaptados ás necesidades de cada iniciativa:

Emprendemento

Para persoas que teñen unha idea de negocio, están poñendo en marcha unha nova iniciativa ou queren dar continuidade a unha empresa familiar.

Crecemento e consolidación

Para autónomos, pemes e micropemes que queren mellorar, consolidar ou facer medrar a súa actividade.

En total seleccionaranse 6 beneficiarios.

01

Formación especializada

02

Mentorización e titorías personalizadas

03

Acompañamento durante un ano

04

Participación sen custe

Territorio

Para quen é?

Persoas e empresas dos concellos do
territorio Verín-Monteval

GreenHub Verín-Monteval está dirixido a persoas emprendedoras e empresas que desenvolvan ou queiran desenvolver unha iniciativa vinculada á bioeconomía no territorio, que abrangue os seguintes concellos do sur de Ourense: A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós e outros concellos da contorna.

Mapa GreenHub Verín-Monteval

Proceso

Como funciona?

01 Fase 1

Castañas

Selección de proxectos

As candidaturas son avaliadas por un equipo de persoas expertas.

02 Fase 2

Desenvolvemento

Formación, mentorización e titorización técnica para o desenvolvemento dos proxectos.

03 Fase 3

apicultura

Posta en marcha

Titorías individuais de consultoría e apoio para a implementación do proxecto empresarial.

04 Fase 4

Presentación pública – Demo Day

Xornada na que as persoas emprendedoras presentan publicamente os seus proxectos.

Presenta o teu proxecto

Queres impulsar o teu proxecto de bioeconomía?

Se desenvolves ou queres desenvolver unha iniciativa no territorio do GreenHub Verín-Monteval, consulta as bases e presenta a túa candidatura a través deste formulario.